jueves, 20 de noviembre de 2014

Similitudes e diferenzas entre o xenoma dos ratos e dos humanos.

Da mesma forma que o castelán e o italiano comparten unha orixe común, o latín, o xenoma do rato e do humano tamén teñen puntos que coinciden. Non obstante, ao longo de séculos de evolución as diferenzas acumuladas foron moitas e moi importantes.
Los ratones se llevan utilizando como modelo de investigación desde...


Saber en que puntos coinciden ou difiren os xenes dun e doutro e o seu funcionamento é vital para múltiples investigacións sobre a bioloxía humana, enfermidades e fármacos.. Ratos e humanos comparten aproximadamente o 70% das secuencias xenéticas que producen proteínas, non obstante estes xenes constitúen só o 1,5% dos seus respectivos xenomas.

A inicios do século XXI, a secuenciación dos xenomas de diferentes especies permitiu saber numericamente canto nos parecemos ou nos diferenciamos. Non obstante, nisto do ADN o cualitativo importa máis que o cuantitativo. De feito, o gran de arroz conta cuns 50.0000 xenes mentres que os humanos só temos uns 30.000.

Diferentes proxectos tratan de ir máis alá das cifras e pretenden coñecer os diferentes funcionamentos de cada especie animal. A través desta comparación poderase entender por que algúns fármacos funcionan de xeito diferente en ratos que en persoas, que se pode esperar se se estuda unha enfermidade nos roedores ou cando convén usar outro animal para analizar aspectos básicos.